Festival dos Eidos

EIDOS DE OUTONO

29/30/ /agost/ /2022

Volve o festival dos eidos de outono cunha nova programación de recitáis, danza e música.


programación



VII EDICIÓN eidosfes

26/27/28/ /agosto/ /2022

Volvemos como volven os osos aos montes!

Neste mes de agosto o Festival dos Eidos volve axitar o Courel.

Na Fundación Uxío Novoneyra agardámosvos os días 26, 27 e 28 de agosto na aldea de Parada para celebrarmos xuntos un reencontro coa poesía, a natureza e as artes todas.


#VIIFESTIVALDOSEIDOs

#Volvenoseidos

O festival

O Festival dos Eidos lembra un libro aberto e comunal e celebra os seus “lugares íntimos, os máis convividos, dos que se ten longa experiencia, hábito de longa presencia, os que un leva estampados dentro”, como os definía Novoneyra.

A horta, o curral, a fonte, a aira, o souto, a escola… todos os espazos que cinguen a casa natal do poeta na aldea de Parada do Courel, tórnanse escenarios dunha cita que reivindica a paixón polo canto e a palabra poética expandida, salvaxe, escénica e en diálogo con outras artes.

En cada edición, un espazo especial para as artistas da propia serra. Cada vrao, a presenza dos vellos amigos, e dos novos. Que se Galicia está chea de “tolos dos Eidos”, como dicía Uxío, o festival xa ten tamén as súas presenzas certas.

Os Eidos xira á volta deses lugares de pertenza nas terras altas da montaña luguesa. Dende eles irradia unha programación de vangarda, intensa, múltiple e aberta que busca seguir fundando o lugar da palabra e das artes no espazo dunha aldea e dunha serra que chama pola viabilidade e pola permanencia.


Faite coas túas entradas en

🎟 ataquilla.com


Como chegar

➡️ dende quiroga

LU-651 Seoane / Folgoso > Desvío « Devesa da Rogueira».

⬅️ dende pedrafita

Saída 432 dende a A6 > LU-633  >  LU-651 O Courel / Quiroga

⏹ ver mapa

lembra que a praza de aparcadoiro en Parada é limitada. Mellor compartir coche ou subir a pé.



Programa apoiado polas axudas para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura

#nextgenerationgalicia #prtr