ALHAMBRA

“…recordo aquel viaxe que fixemos xuntos ó Ándalus pasando polo Toledo do Greco, con nubes do Greco, e pola Mancha cando comemos na venta de don Quixote.//

E logo aquela entrada en Granada co sol da tarde de Sanjoán.

E a Alhambra vista a raia da mano co primeiro raio, e logo a escoitar o concerto no Patio dos Arrayáns e a cea de media noite nos xardís, fóra.

E Córdoba, a Córdoba de noite, dos muros do río e dos porches e do arco, aquelo que viamos nós xa estaba grabado no soneto de Góngora trescentos anos  antes.

E aquel desayuno no hostal con patio andaluz donde ibamos sentándonos a desaiunar unha muller que pasara 15 anos no Sahara, dúas rapacinas chicanas,  a xoven francesa e ti i eu como se desaiunaramos xuntos tódolos días. E aquela mezquita donde toda podía caber a un tempo, toda a cidade, como todos nós cabemos na nosa lingua e quedaremos nela pra sempre.”

Homenaxe a Cuña Novás, 1991

“… Non coñecín personalmente a García Lorca, pois tiña eu só 6 anos no 1936 cando foi afusilado polas escuadras do amanecer, qué amanecer! Pero quen non tratou a Lorca de cerca léndoo e non sentiu a súa luz intensísima con toda gracia, pulo e sabor da vida sin que se esconda o rondar premonitorio da morte, a luz inda con chuvia i-en Santiago…”

Ourense,1991

No ano 1978 os poetas Uxío Novoneyra e Cuña Novás viaxaron a Granada para asistir a primeira Homenaje a García Lorca na súa terra natal. Desprazáronse ao encontro en mostra de irmandade e coa memoria enteira cobrable ao futuro do gran poeta andaluz a quen Novoneyra lle dedicara unha composición titulada “Cinco poemas castellanos” encabezada pola dedicatoria a Lorca “por seis poemas gallegos”´ e un romance icónico, “Romance a Manuel de Ribadaira”, no que denunciaba a represión franquista na figura dun rapaz paseado na súa aldea e referenciaba na dedicatoria “a Federico García” para unir, a través da poesía, reparación e xustiza polas que fai tanto agardaban os pobos andaluz e galego. 

Novoneyra admirou a cultura flamenca, contactou fondamente con ela nos anos que viviu en Madrid -incluso lle dedicou un verso inesquecible á danza de Antonio Gades: ”Bailas e faisme libre”-, e leu con atención aos poetas do Sur, especialmente aos desaparecidos Miguel Hernández e García Lorca.

Neste IX Festival dos Eidos acompáñannos o Sur nos sabores da cervexa Alhambra, como sempre.