Poesía | Recital nos Eidos de Chus Pato

Domingo 27 de agosto – 13:15 H.

A poesía da limiá Chus Pato insírese na chamada “tradición de ruptura” das vangardas históricas e representa o proxecto poético máis innovador xurdido nas letras galegas nas últimas décadas. Unha vontade de transgresión formal e xenérica na que a poesía se transforma en pensamento e o pensamento en poesía.