Sábado 26 de agosto – 12:00 H.
Souto do Rubial
No ano 2018 un grupo de mulleres vencelladas á asociación 3monos de Lugo estenderon no claustro da catedral de Lugo os libros de Llansol na primeira actuación laica alí celebrada dende non se sabe, da man da museóloga Carolina Casal. Cos fragmentos lidos nese lugar editaron un libro titulado ‘Fulgor. Lectura danzada de Maria Gabriela Llansol’, que as levou ao mesmo espazo en Lisboa onde João Barrento e Etelvina Santos coidan do legado desta extraordinaria escritora. As mesmas mulleres, agora, daranlle unha volta a esa lectura danzada no souto da Rubial, no espazo circular dos reprexos, no amor xiróvago que une o texto llansoliano coa escrita de Novoneyra.
Lectoras: Eva Valle, Nieves Neira Roca, María Grandío, María Corral Fernández e Beatriz Rodríguez Morales.