Sábado 26 de agosto – 23:00 H.
Radio Océano: Sons rebeldes para uns tempos atroces.
Radio Océano, a banda de culto (con perdón) que encheu os escenarios de rabia e enerxía a finais dos 80, rexurdiu cando a pandemia (sen que unha cousa tivese que ver coa outra) coa mesma potencia musical e as mesmas letras acedas e cheas de ironía.
Despois de dobre vinilo recompilatorio Memorias do óxido (Subterfuge), gravaron unha versión de «Miña Terra Galega» para un proxecto colectivo de Deleite e este ano sacaron á luz Un furioso silencio, un disco realizado grazas a un proceso participativo materializado por Ith Crowdfunding. Un furioso silencio, só dispoñible en vinilo e descarga dixital, ten con catro
temas gravados en estudo (no que hai letras Lois Pereiro, remorsos do Prestige ou a imposibilidade de saír de quen fomos nas redes sociais), e outros catro recollidos en directo na sala Potemkin de Santiago. Os primeiros vídeos dese novo traballo, e tamén os clásicos, pódense ver na súa canle de YouTube https://www.youtube.com/@Radio_Oceano
No Festival dos Eidos presentan estes novos traballos e unha revisión dos clásicos, pero sempre co son característico de base rítmica contundente, guitarras punzantes e gorxa desmedida, tentando converter un eido caurelao nun garito de punk rock de garaxe.