Poesía | Recital con Eva Veiga, Ana Romaní e Marina Oroza

Sábado 26 de agosto – 18:30 H.

A obra da poeta e actriz eumesa Eva Veiga pode considerarse un proceso de esculca sobre os límites idénticos da dor, da existencia e da arte tratados co máximo rigor expresivo, cun trazo sereo e luminoso que resulta xa inconfundible.

A poeta, xornalista e académica noiesa Ana Romaní é unha das voces centrais da última poesía galega.

A súa palabra, comprometida coa loita e a escrita das mulleres, naceu nos esteiros de Xohana Torres e Avilés de Taramancos e foi tornando cadora máis radical e máis estrema, na esixencia dun rigor e honestidade absolutos.

Marina Oroza, filla do poeta Carlos Oroza, demais da súa obra poética publicada, destacou no campo da performance e no seu traballo como actriz profesional.