Martes 01 de agosto – 11:00 H.
Ruta Ámeto Mítico en colaboración con Marcos Reinoso (Pía Páxaro) e Nieves Neira.
Abrimos a programación expandida do VIII Festival dos Eidos cunha ruta entre o Alto de San Roque e Pacios do Señor polo desvío do Camiño Francés.
Camiñaremos entre O Cebreiro e Pacios mentres os participantes gozan dunha ruta de interpretación xeopoética baseada na escoita, lectura e interpretación de poemas do libro de poemas Ámeto Mítico. Arrodeos e Desvíos do Camiño de Santiago e outra rotas de Uxío Novoneyra cos topónimos xeolocalizados.
Lugar de comezo: Alto de San Roque ás 11:00 H.
Todas as actividades son de balde previa inscrición no correo administración@uxionovoneyra.com