Ciclo de Lecturas Habitadas


04, 05 e 06 de agosto

Ciclo de Lecturas Habitadas. Sesións de biblioterapia

Celebramos a segunda edición das Lecturas habitadas, un ciclo de lecturas para mulleres que ten como obxectivo espertar a capacidade creadora e o empoderamento feminino. Durante tres xornadas leremos xuntas e conversaremos arredor dos seguintes temas:

– 4 de agosto: Unha introdución: Remedios Literarios. Que é a biblioterapia? por Branca Novoneyra e Lucía Miranda Morla

– 5 de agosto: Habitar a natureza salvaxe por Branca Novoneyra

– 6 de agosto: Lembrar e reconstruírse por Lucía Miranda Morla

Durante as sesións leremos fragmentos de libros escritos polas autoras: Hélène Bessette, Julia Castillo, Marguerite Duras, Louise Glück, Menchu Gutiérrez, Macha Méril, Olga Novo, Nuala O´Faolain, Lupe Gómez e Virginia Woolf, entre outras, co obxectivo de abrir un espazo de lectura e pensamento creativo arredor da literatura escrita por mulleres.

Horario: Venres (17:00 H – 20:00 H) / Sábado e Domingo (12:00 H – 17:00 H)

Lugar: Fundación Uxío Novoneyra (Aldea de Parada).

Todas as actividades son de balde previa inscrición no correo administración@uxionovoneyra.com