ALTA MONTAÑA é un proxecto performativo baseado na tradución de ondas de radio de media e longa frecuencia en patróns musicais mediante o paso a través de sintetizador modular e o sistema soma. As emisións de frecuencia de radio afeccionado, ou Ham Radio, conteñen unha gama de sons e voces case ilimitada que, tratadas, poden ser convertidas en composicións musicais complexas. O carácter aleatorio destas emisións, que dependen da sintonización en directo, dá paso a unha performance/concertó que é única e irrepetible cada vez e na que interveñen multitude de factores como a área xeográfica das emisoras, o tipo de sinal emitido ou o seu contido nese momento.
Exemplo de sintonización e interpretación real:
- Canle 1 Clase de piano ruso desde emisora (Vladivostok)
- Canle 2 Sonido meteorolóxico de baliza mariña (Indonesia)
- Canle 3 Discusión acalorada (Uruguai)
- Canle 4 Patrón Soma Lyra
- Canle 5 Patrón Volca modular
Iván Torres é un artista audiovisual centrado na investigación e o ensaio. Os seus proxectos teñen un carácter de busca experimental dentro das posibilidades sonoras e visuais. Desde hai varios anos o seu traballo performativo segue un patrón de improvisación coa premisa de crear e desenvolver narrativas que só existan no presente e que comezan e rematan en cada interpretación cun compoñente aleatorio.