Ruta | Avistamento de paxaros dos Eidos con Xavier Vázquez Pumariño

Sábado 26 de agosto – 09/10/11:00H.

Souto do Rubial

A ruta de paxaros guiada por Xabier Vázquez Pumariño é unha actividade imprescindible na programación do festival que permanece nas mañás desde a primeira edición. Cedo, en tres quendas consecutivas (9/10/11h), avistaremos algunhas das especies de paxaros que aparecen nos poemas d ́ Os Eidos, libro do Courel. Camiñaremos e observaremos o seu hábitat nos soutos, camiños e prados preto da casa de Novoneyra que escribiu: PAXAROS voando / o ámeto do canto. / cada sitio / camiño ten un que non vai / máis alá. Xabier V. Pumariño é un biólogo nado en Lugo. Licenciado en Bioloxía pola Universidade de León, Máster de Desenvolvemento Rural (SDC- Xunta de Galicia) e Máster en Biodiversidade e
Conservación do Medio Natural pola USC. Traballa como consultor medio-ambiental para diversas empresas e organismos públicos e dirixe Habitaq, empresa especializada en ecoloxía aplicada e bioloxía, e Birding, unha consultoría que traballa no eido do Bioturismo.