Sábado 26 de agosto – 20:15 H.
Bio de RioLagares é a conxunción artística de Cé Tomé e Xavier Queipo, que se xuntan para
ofrecer espectáculos que treballan con rectados musicados. Comezaron a súa andaina con
‘Una noite con Carpentier» (Pontevedra, 2000 e Vigo, 2004); continuaron con ‘Street Art
Performance’, (Festival Intraliteratuur, Bruxelas, 2009); ‘O embigo do mundo’, (Centro Galego
de Arte Contemporánea, Compostela, e Museo do Mar de Galicia, Vigo, 2011);
‘Distinto/Distante’, (Compostela, 2018) e ‘Corpos en disidencia’, (Festival ‘Alguien que respira’,
Compostela, 2022).
Proposta: Para o festival «Os Eidos 2023», propoñen máis unha combinación de música e
poesia. Así, partindo do verso «Chove para que eu soñe» de Uxío Novoneyra, constrúen o
espectáculo «Soño para que estiñe», que ten como obxectivo non só homenaxear ao poeta do
Courel, senón tamén contribuír á construcción dun universo estético, na persistencia do
paraiso, fuxindo da cultura do lixo e do consumo irreflexivo e mimético (‘junk culture’).