Xabi Xil

Xabi Xil

Xabi Xil

|

Son de Morgade, no concello de Xinzo de Limia, e vivo en Vigo desde hai quince anos. Aquí estudei Filoloxía Galega e aquí comecei a escribir poesía. Recibín varios premios da Universidade de Vigo, o II Premio Antón Tovar en 2007 coa obra abismalia e máis o XXI Eusebio Lorenzo Baleirón de poesía en 2008 con Cando menos a derrota. O meu único poemario publicado foi o que resultou gañador deste último certame.

Fixen parte das Redes Escarlata e dos colectivos Poetas da Hostia e Tristecentos Versos. Na actualidade integro o proxecto de creación videopoética Fiinda canda a Miriam Rodríguez e Pablo Kaufman, e imparto obradoiros de creación literaria a cativos e adolescentes.

Aparezo na antoloxía “13. Antoloxía da poesía galega próxima” de Chán da Polvora